Aspectos medioambientais
Se por algo se caracteriza a vosa xornada deportiva intercentros é por realizarse no medio natural, ao aire libre.
Xa sabedes que cando saides ao medio natural hai que respectalo e coidalo, porque son espazos cada vez máis escasos.
Se ao chegardes á vosa xornada e unha persoa participante vos pregunta cales son as normas a seguir para non estragar o espazo natural no que estades a xogar saberiades dicirllas?
Tamén se debería velar pola limpeza do espazo. Podédesvos atopar que o espazo ten lixo ou que está moi limpo, polo que, se a situación é a primeira, sería ideal organizar unha recollida de lixo ao longo da xornada, e se a situación é a segunda, o ideal sería deixar o espazo tal e como estaba no momento de chegada.
A continuación, propónsevos un pequeno reto grupal.
Atentos e atentas!
Lectura facilitada
A vosa xornada deportiva intercentros caracterízase por realizarse no medio natural.
O medio natural hai que respectalo e coidalo.
Son espazos cada vez máis escasos.
Cales serán as normas a seguir para non estragar o espazo natural?
A continuación, propónsevos un pequeno reto grupal.
Valorade propoñer unha posible actividade de recollida de lixo ao finalizar a vosa xornada deportiva intercentros para todas as persoas participantes.