Saltar navegación

Paso 5

Comunicación

Pictograma de falar por teléfono para representar o concepto de comunicaciónPara que a vosa xornada deportiva intercentros sexa un éxito, non só debedes pensar no transporte, na comida, nos horarios ou nas actividades; tamén é moi importante como ides comunicarvos cos outros centros participantes.

Aquí tedes algunhas opcións que podedes valorar. Escollede entre todos e todas as que mellor se adapten a vós, e dádelle un toque creativo!

Chamada

Pictograma de teléfonoPodedes preparar un guión co que ides dicir, e designar unha persoa, ou a varias, como voceiras do grupo.

Email

Pictograma de recibir un email

Ideal para enviar información clara e detallada.

Podes redactar unha carta de invitación explicando o obxectivo da xornada, a data, o lugar e o que esperas dos demais centros.

Usa un ton educado e respectuoso.

Carta

Pictograma de cartaSe o outro ou outros centros están preto, podedes entregar a invitación en man.

Mesmo poderiades organizar unha pequena presentación na súa aula ou unha reunión entre grupos de estudantes.

Videochamadas

Pictograma de videochamadaUnha videochamada é unha forma rápida e directa de explicar ideas e resolver dúbidas.

Podedes empregar ferramentas coorporativas como Webex ou Falemos.

A ter en conta

Que debedes ter en conta á hora de comunicarvos?

  • Transmitir unha mensaxe clara e respectuosa.
  • Indicar sempre quen sodes e de que centro vides.
  • Dar resposta a posibles dúbidas.
  • Mostrar entusiasmo e convidar a colaborar.
  • Manter o contacto activo e actualizado.

Difusión

Pictograma de megáfono para representar a difusiónDespois de comunicarvos cos centros participantes, a difusión tamén será moi importante, xa que se queredes concienciar a xente para que practique actividade física no medio natural, unha boa opción é dar a coñecer o voso evento deportivo.

O ideal é chegar ao maior número de persoas posible, polo que difundir o evento dende varios centros fará que cheguedes a máis xente. Cantas máis persoas coñezan a vosa iniciativa, maior porcentaxe de probabilidade haberá de que comecen a darse conta do pouco que saen ao medio natural.

Como podedes difundir o evento?

Redes sociais

Pictograma de blogSe os centros teñen conta en redes sociais ou blogs, podedes facer unha publicación conxunta para contarlle ao resto do alumnado o que estades a organizar.

Tamén podedes crear un hashtag común para o evento.

Prensa

Pictograma de xornal

Contactar con xornais da zona (dixitais ou en papel).

Redactar unha nota de prensa sinxela con datos clave.

Radio

Pictograma de radioParticipar nun programa de radio escolar ou pedir unha mención na radio municipal.

Outras entidades

Pictograma de club deportivo para representar o concepto de outras entidadesInformar a clubs, asociacións ou entidades colaboradoras da zona para que o compartan e o difundan.

Actividade grupal

Por grupos, facede unha proposta de comunicación e outra de difusión da vosa xornada deportiva intercentros.

Como grupo, como vos gustaría comunicarvos cos outros centros e como vos gustaría difundir o evento?

Unha vez feita a proposta grupal, facede unha posta en común e decidide entre todos e todas como ides comunicarvos cos outros centros e como ides darlle difusión ao voso evento.

Lectura facilitada

Por grupos, facede para a vosa xornada deportiva:

  • Unha proposta de comunicación.
  • Unha proposta de difusión.

Unha vez feita a proposta grupal, facede unha posta en común.

Decidide entre todos e todas como ides comunicarvos cos outros centros.

Decidide tamén como ides darlle difusión ao voso evento.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)