Glosario
Deporte alternativo
-
Definición:
-
Todo aquel que se diferencia do tradicional, xa sexa polo uso dun material diferente cuxo fin inicial non era a utilización da actividade físico-deportiva, ou ben, se ese fose o seu fin, que se emprega de forma diferente para a que foi deseñado orixinalmente (Babero 2000).
-
Exemplo:
-
O datchball é un deporte alternativo.
Deporte popular
-
Definición:
-
Conxunto de situacións motoras codificadas en forma de competición e cun carácter institucional, carazterizado polo gran número de persoas que o practica.
-
Exemplo:
-
O baloncesto é un dos deportes populares máis practicados.
Desafío

-
Definición:
-
Proba ou reto ao que hai que enfrontarse co obxectivo de superalo, sendo valorado como unha situación ou experiencia difícil ou nova.
-
Exemplo:
-
O alumnado de 1º de ESO enfrontarase a varios desafíos sobre hábitos saudables.
Equipo
-
Definición:
-
Conxunto de persoas que practican un mesmo deporte para xogar partidos ou campionatos.
-
Exemplo:
-
Un equipo de xogadoras de fútbol.
Grupo
-
Definición:
-
Conxunto de persoas ou cousas que, polo xeral, están no mesmo lugar.
-
Exemplo:
-
Un grupo de persoas.
Inclusión
-
Definición:
-
Acción que posibilita a práctica deportiva equitativa e por igual.
-
Exemplo:
-
Os deportes alternativos fomentan a inclusión e a igualdade.
Para acceder ao documento en PDF fai clic nesta
Elaborade unha lista de todo tipo de actividades físicas que se vos ocorran.
Clasificade as actividades e deportes que anotastes en función de se se poden levar a cabo na natureza ou non.
De todas as actividades e deportes que anotastes, hai máis que se poden facer nun ambiente urbano ou na natureza?