Saltar navegación

1.4. Tedes un plan

Paso a paso

Crearedes unha xornada deportiva intercentros nun espazo natural. O obxectivo é poñer en contacto coa natureza os compañeiros e compañeiras doutros institutos.

Como? Os pasos a seguir son os seguintes:

Paso 1

Crearanse os grupos e poñeredes a proba os vosos coñecementos.

Paso 2

Aprenderedes a diferenciar os espazos urbanos dos naturais.

Paso 3

Coñeceredes e practicaredes 4 deportes colectivos alternativos.

Paso 4

Decidiredes o espazo natural no que queredes levar a cabo a vosa xornada deportiva intercentros.

Paso 5

Organizaredes a loxística da vosa proposta, detectando erros e reaxustando o necesario.

Paso 6

Levaredes a cabo a xornada intercentros "Naturalizando deportes".

Paso 7

Poñeredes en común o feito ao longo da xornada e reflexionaredes sobre todo o acontecido co obxectivo de mellorar nun futuro.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)