Glosario
Accesibilidade
-
Definición:
-
Condición que deben cumprir as contornas, produtos e servizos para que sexan comprensibles, utilizables e practicables por toda a cidadanía, incluídas as persoas con discapacidade
-
Exemplo:
-
Todos os espazos do instituto teñen pictogramas para facilitar a accesibilidade a cada lugar.
Código QR

-
Definición:
-
Os códigos QR (Quick Response) son códigos de barras capaces de almacenar determinado tipo de información, como unha URL, SMS, Email, Texto etc. Grazas ao auxe dos novos teléfonos intelixentes, estes códigos QR están actualmente moi de moda.
-
Exemplo:
-
Na biblioteca do instituto hai códigos QR con coas normas que hai que seguir para levar un libro para a casa.
Documentar
-
Definición:
-
Acción que trata de recoller, almacenar, analizar e difundir información contida en documentos de distinto tipo.
-
Exemplo:
-
A organización documentou as actividades de forma dixital.
