O voso protocolo
Para organizar a vosa xornada deportiva intercentros será fundamental que teñades uns coñecementos básicos en primeiros auxilios, polo que ides ver unha base teórica sinxela, pero clara, sobre como actuar ante emerxencias.
Será unha introdución ao protocolo de actuación básica sobre as normas PAS (protexer, alertar e socorrer), sobre os teléfonos de emerxencia e tamén sobre como actuar ante as lesións máis comúns nun evento deste tipo.
Lectura facilitada
Para organizar a vosa xornada deportiva intercentros será fundamental:
- Ter uns coñecementos básicos en primeiros auxilios.
Ides ver unha base teórica sinxela, pero clara, sobre como actuar ante emerxencias.
Será unha introdución sobre:
- O protocolo de actuación básica sobre as normas PAS (protexer, alertar e socorrer).
- Os teléfonos de emerxencia.
- Como actuar ante as lesións máis comúns nun evento deste tipo.
- Sempre que sexa posible, faino unha persoa adulta.