Saltar navegación

5.4. Diario de aprendizaxe

O voso diario

Diario de aprendizaxe para ir anotando todo o aprendido nesta fase

Non podía rematar esta situación de aprendizaxe sen facer a vosa reflexión final. Tócavos cubrir a Fase 5 do voso diario.

Nesta fase descubristes as opinións dos participantes na xornada deportiva intercentros e repasastes o aprendido ao longo de todo o reto. Tedes que reflectir no voso diario esa valoración global desta aventura. Unha aventura que comezou coa creación dun reto e un camiño cheo de moitas actividades diferentes.

Pensade sobre como foi esta aventura dende o comezo e os resultados da mesma. Nun futuro, grazas a esta reflexión poderedes adaptarvos mellor a outras situacións de aprendizaxe diferentes.

Se non tedes o diario de aprendizaxe, podedes ver o documento dende esta ligazón.

Lectura facilitada

Tócavos cubrir a Fase 5 do voso diario.

Xa sabedes as opinións dos participantes na xornada deportiva intercentros.

Tamén repasastes o aprendido ao longo de todo o reto.

Reflectide no diario a vosa valoración global de todo o proceso.

Nun futuro, grazas a esta reflexión poderedes adaptarvos mellor a outras situacións de aprendizaxe.

Podedes ver o documento dende esta ligazón.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)