Glosario
Pelota xigante
-
Definición:
-
Pelota que se caracteriza por ter un tamaño maior ao habitual.
-
Exemplo:
-
A pelota de kin-ball sostense coas dúas mans polo seu gran tamaño.
Definición:
Pelota que se caracteriza por ter un tamaño maior ao habitual.
Exemplo:
A pelota de kin-ball sostense coas dúas mans polo seu gran tamaño.
Nos deportes hai dúas compoñentes moi importantes que habitualmente se confunden: a técnica e a táctica.
Queres saber máis sobre estes conceptos? Fai clic en cada un deles e aprende o seu significado para levalos á práctica nas sesións de Educación Física.
Nos deportes confúndese a técnica e a táctica.
Fai clic no botón de técnica e táctica.
Aprende sobre estes conceptos.
A técnica pódese definir como a execución motriz dun xesto deportivo. Que quere dicir isto?
Son aqueles movementos ou partes de movemento que permiten realizar accións de ataque e defensa en base a unha determinada intención de xogo e cunha calidade de execución máis ou menos boa. Hai unha gran variedade de xestos dependendo do deporte que practiquedes. Agora ides coñecer os aspectos técnicos do kin-ball.
A técnica pódese definir como a execución motriz dun xesto deportivo.
Que quere dicir isto?
Son aqueles movementos ou partes de movemento que permiten realizar accións de ataque e defensa
en base a unha determinada intención de xogo,
e cunha calidade de execución máis ou menos boa.
Hai unha gran variedade de xestos dependendo do deporte que practiquedes.
Agora ides coñecer os aspectos técnicos do kin-ball.
É o acto completo de iniciar o ataque, que inclúe varias accións:
É o xesto técnico específico de impactar o balón coas mans para poñelo en movemento.
Realízao un só xogador do equipo.
Pode facerse de distintas formas: frontal, lateral, con salto etc.
É parte do lanzamento, pero enfócase na acción física de golpear o balón.
O xesto técnico da recepción en kin-ball é fundamental para evitar que o balón toque o chan e así gañar o punto. A recepción implica interceptar e controlar o balón cando é lanzado cara a ti ou ao teu equipo.
O obxectivo da recepción é evitar que o balón toque o chan, o que pode ocorrer se non se atrapa ou se controla correctamente. Ademais, a recepción debe permitir que o equipo se prepare para facer un bo contraataque ou un pase.
É a acción que realizan os tres xogadores que sosteñen e estabilizan o balón antes do golpeo. Chámase colocación porque implica posicionar ben o corpo e o balón para facilitar un bo lanzamento.
Obxectivos da colocación:
- Formar unha base sólida e cooperativa para o golpeador.
- Elevar o balón a unha altura adecuada.
- Controlar o movemento do balón antes do golpeo.
A táctica en kin-ball é un aspecto esencial para maximizar o rendemento do equipo e asegurar un xogo fluído e efectivo. Dado que o kin-ball é un xogo de equipo, a coordinación e o traballo conxunto entre os xogadores e xogadoras son claves. As tácticas baséanse en como organizarse para controlar o balón, defender e atacar eficientemente.
A continuación, podedes coñecer as principais estratexias tácticas do kin-ball, tanto para a defensa (táctica defensiva) como para o ataque (táctica ofensiva):
A táctica en kin-ball é un aspecto esencial para maximizar o rendemento do equipo e asegurar un xogo fluído e efectivo.
O kin-ball é un xogo de equipo,
a coordinación e o traballo conxunto entre os xogadores e xogadoras son claves.
As tácticas baséanse en como organizarse para:
A continuación, podedes coñecer as principais estratexias tácticas do kin-ball,
tanto para defensa (táctica defensiva) como para o ataque (táctica ofensiva):
O obxectivo en ataque é facer que o balón chegue ao equipo contrario de maneira impredicible e difícil de recibir.
Como se pode facer? A continuación tedes unha serie de indicacións:
O equipo que lanza busca analizar a posición do outro equipo para identificar o seu punto débil. Por exemplo, se un equipo ten menos xogadores e xogadoras nun lado ou están menos concentrados/as, o balón pode dirixirse cara a esa zona
Usar diferentes golpes (golpeos baixos, con salto, lateral) para desestabilizar a defensa do equipo contrario.
Efectos: ás veces o balón lánzase con efecto para facer que cambie de dirección ou se dificulte a súa recepción.
“Omnikin + cor!”: gritar correctamente cara ao equipo que se vai lanzar é esencial, pero dentro desta comunicación, os xogadores e xogadoras tamén deben coordinarse para saber onde debe ir o balón (zona do equipo contrario con maior espazo, por exemplo).
A recepción é clave para evitar que o balón toque o chan, é dicir, para defender. Pero tamén é unha oportunidade para preparar un bo contraataque, polo que unha boa defensa permitiravos atacar mellor.
Que aspectos debedes ter en conta para defender ben? Atentos e atentas!
O equipo que recibe debe estar ben organizado para coordinar a recepción e a posterior distribución do balón. Isto pode incluír movementos rápidos para evitar que o balón quede descontrolado.
Os xogadores e xogadoras deben estar nunha posición estratéxica para interceptar o balón. Por exemplo, o equipo pode situarse de maneira que un xogador ou xogadroa cubra a parte frontal e outro cubra os ángulos para atrapar o balón máis facilmente.
Tras a recepción, é fundamental mover o balón rapidamente cara ao equipo que lanzará o próximo golpe. Isto pode implicar facer un pase curto ou longo ao compañeiro ou compañeira que está en mellor posición.
Poñede en práctica todos os coñecementos vistos sobre o kin-ball nas sesións motrices de Educación Física.
Realizaredes diferentes xogos e tarefas co voso mestre ou mestra.
Pensade que para crear o voso evento deberedes ter un certo dominio práctico dos xestos técnicos e tácticos.
A xogar!
Coñecemento do kin-ball e xestos básicos.
Obxectivo:
Quecemento:
“O balón máxico”: o balón de kin-ball é máxico e non pode tocar o chan. En grupos de 5-6, débese pasar o balón usando só as mans e manténdoo sempre en movemento.
Normas:
Parte principal:
“Base de lanzamento!”: en grupos de 4, dúas persoas colocan o balón, unha lánzao e outra observa.
Fanse rotacións e practícase o xesto de colocar ben o balón para facilitar o lanzamento.
Variante xogada: O lanzador ou lanzadora ten que coller unha tarxeta (exemplo: con cor ou número) antes de golpear e ten que intentar que a pelota caia na zona do pavillón que corresponde coa tarxeta (zona marcada con conos).
“A recepción imposible”: un equipo lanza o balón e outro intenta recibilo sen que toque o chan. A dificultade é que teñen que facelo desde posicións fixas (un sentado, outro de costas, outro agachado etc).
Variante: se se consegue a recepción, pódese sumar un punto e lanzar. Se non, lanza o outro grupo.
Mini-xogo final: “Rolda de lanzadores”. Un grupo forma a base e lanza, gritando "Omnikin + cor". O grupo da cor nomeada debe reaccionar, correr ata o balón e recibilo antes de que toque o chan. Despois pasa a ser o grupo lanzador.
Normas:
Vola á calma:
Estiramentos e reflexión: cal foi o que máis vos gustou? E o que menos? E o motivo?
Xogo real e toma de decisión.
Obxectivo:
Quecemento:
“O paracaídas humano”: Tres grupos suxeitan o balón coma se fose un paracaídas (sen lanzalo), e deben movelo en diferentes direccións (arriba, a un lado etc) seguindo as ordes do mestre ou mestra.
Parte principal:
“Cazadores de zonas”: o grupo lanzador debe lanzar o balón a unha das tres zonas do campo (esquerda, centro ou dereita), marcadas con conos. O equipo receptor debe adiviñar a zona e colocarse para interceptar.
Puntuacións:
“A defensa imantada”: xogadores e xogadoras do equipo receptor levan un peto de cor e deben cubrir espazos marcados por conos. O balón parece “imantado” a eses conos, polo que deben manter eses espazos cubertos en todo momento.
Variación: o lanzador ou lanzadora tenta enviar o balón preto dese espazo e comprobar se está ben defendido.
Xogo reducido: “kin-reto 3x3x3”: partidiños entre 3 equipos, con rotación cada 3 minutos. As normas básicas mantéñense: “Omnikin + cor”, colocación correcta e recepción.
Puntuación alternativa:
Volta á calma:
"A pelota xigante": En círculo, xogadores e xogadoras irán pasándose a pelota ata que para de soar a música. O xogador ou xogadora que teña a pelota nese momento quedará eliminado e irá asearse.
Estratexia de ataque e defensa.
Obxectivo:
Quecemento:
“Reacción relampo”: todos os grupos en círculo. O profesor ou profesroa lanza o balón e di “Omnikin + cor!”. Ese grupo debe correr e colocarse para recibilo. Se o fan ben, seguen. Se fallan, cambian co lanzador.
Parte principal:
“A trampa da cor”: o lanzador ou lanzadora pode facer un engano: grita “Omnikin + cor” e amaga con lanzar nunha dirección, pero lanza á contraria. O equipo receptor debe estar atento e non deixarse levar polo engano.
“A zona prohibida”: o campo ten unha zona central marcada (con conos) onde o balón non pode caer. Os equipos deben defender esas zonas con moito coidado. Se cae alí, punto negativo.
“Desafío kin-ball”: partido completo con 3 equipos. Gáñase non só por puntos, senón por actitudes positivas:
Volta á calma:
Estiramentos e pequena reflexión colectiva. Gustouvos este deporte? Practicarédelo no voso tempo libre? Cal é o motivo?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0