Saltar navegación

3. Recolleitando deportes

Pictograma de colleitar adaptado para representar o concepto de recolleitar deportes

Agora que xa sabedes cal é o reto e puxestes a proba os vosos coñecementos, é o momento de descubrir novos deportes.

Nesta fase coñeceredes catro deportes colectivos alternativos e practicarédelos nas sesións de Educación Física. Veredes os aspectos técnicos e tácticos de cada un deles e practicarédelos en espazos pechados, como o ximnasio ou o pavillón do voso centro. Todo isto permitiravos ir pensando cales podedes levar a unha contorna natural no momento de organizar a vosa xornada deportiva intercentros.

Coñeceredes os deportes que ides practicar? Ides saír de dúbidas!

A pola fase 3!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)