Saltar navegación

4.1. Deseño

Como ides organizarvos?

Todo traballo debe planificarse con previsión, minimizando os problemas que poidan xurdir cando se leva a cabo.

Isto tamén o teredes que ter en conta á hora de organizar a vosa xornada deportiva intercentros, na que tedes que ter todos os pasos os máis definidos posible.

A continuación, dásevos unha guía sobre como organizar a vosa xornada paso a paso:

Organizando unha xornada deportiva intercentros no medio natural paso a paso

Paso 1:

Análise inicial

Nesta análise deberedes ter en conta:

  • Institutos participantes.
  • Cursos e número de grupos por instituto que van participar na xornada.

Paso 2:

Elección do lugar

Buscar diferentes espazos naturais adecuados (praia, bosque, parque etc).

Valorar accesibilidade, seguridade, permisos necesarios, instalacións dispoñibles…

Elixir por consenso o lugar máis axeitado tendo en conta o alumnado.

Paso 3:

Deseño da xornada e planificación da loxística

Teredes que ter en conta como organizar os seguintes aspectos:

  • Transporte ata o lugar.
  • Comidas e descansos.
  • Material deportivo e de seguridade.
  • Elaboración de equipos intercentros.
  • Horarios.
  • Actividades a realizar.

Paso 4:

Aspectos medioambientais

Elaborar normas de respecto pola contorna natural.

Fomentar o uso de materiais sostibles ou reutilizables.

Planificar a recollida de residuos ao finalizar a xornada.

Paso 5:

Comunicación e difusión

Deseñar carteis, folletos ou presentacións para informar outros compañeiros/as e familias.

Crear unha campaña de difusión en redes sociais, na web ou no blog do centro.

Redactar invitacións ou cartas para outros centros escolares.

Paso 6:

Seguridade e benestar

Elaborar un protocolo básico de seguridade (caixa de primeiros auxilios, puntos de encontro, contacto con servizos de emerxencia).

Ter en conta alerxias alimentarias, necesidades especiais etc.

Asignar persoas adultas responsables e alumnado axudante.

Paso 7:

Avaliación e reflexión final

Unha vez levada a cabo a xornada, reflexionaredes sobre todo este proceso.

Fixádevos máis adiante no apartado 5.1. "Repasando todo".

Non esquezades documentar todo o proceso incluíndo documentos gráficos, como fotos ou vídeos, para realizar unha montaxe co obxectivo de presentar o voso traballo a compañeiros e compañeiras doutros cursos.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)