Crear a paisaxe paso a paso
Esta tarefa consiste na creación dunha obra dixital coa técnica de Pixel art
Segue os pasos que explica o vídeo e debuxa unha paisaxe da costa de Galicia.
Utiliza as liñas horizontais para xerar a sensación de profundidade no debuxo.
Que debe ter a túa obra de arte?
- Tres zonas: mar, ceo e terra.
- Liñas horizontais para crear o efecto de profundidade.
- Polo menos un elemento do debuxo con animación.
Lectura facilitada
Tes que crear unha obra con Pixel art
Segue os pasos do vídeo
e debuxa unha paisaxe da costa de Galicia.
Utiliza as liñas horizontais.
Que debe ter a túa obra de arte?
- Tres zonas: mar, ceo e terra.
- Liñas horizontais para crear o efecto de profundidade.
- Polo menos un elemento do debuxo con animación.
Audio
Precisas un exemplo?

O teu debuxo pode ser máis sinxelo. Só necesitas unha animación.
