Preparadas e preparados?
Xa estás lista ou listo para crear un dos postos da feira artística do reto que viches na fase 1 (nova xanela) deste proxecto. Agora toca repartir os postos a crear por cada equipo. Neste apartado poderás atopar recursos e axudas que te guiarán á hora de deseñar e crear as actividades.
Decide, xunto co teu grupo, cal será o posto do que se ocupará o teu equipo. Para iso, ordenade de maior a menor interese as seguintes opcións:
Posto da vida e obra de Andy Warhol
Neste posto exporedes todos os traballos elaborados ao longo do curso sobre o artista: vida, obra, aspectos importantes...
Posto audiovisual
Neste espazo exporanse todas as producións audiovisuais que se elaboraran ao longo do curso.
Posto fotográfico
Aquí exporedes as fotografías dos produtos elaborados ao longo do curso.
Posto de producións creativas
Todos os traballos, producións e traballos manuais elaboradas ao longo do curso terán cabida neste posto.
Por último, argumentade e poñédevos de acordo co resto dos equipos para decidir cal será o posto de cada un para crear a feira artística.
Lectura facilitada
Xa estás lista ou listo para crear un dos postos da feira artística.
Agora toca repartirmos os postos de cada equipo.
Neste apartado poderás atopar recursos e axudas
que te guiarán á hora de deseñar e crear as actividades.
Decide xunto co teu grupo cal será o voso posto.
Para iso, ordenade de maior a menor interese as seguintes opcións:
- Posto da vida e obra de Andy Warhol
- Posto audiovisual
- Posto fotográfico
- Posto de producións creativas