Saltar navegación

1. Preparámonos

En Galicia existen expresións galegas que teñen personalidade propia e que non se poden traducir facilmente a outros idiomas. A expresión "es de aquí ou vés á festa?"  é algo que, a todas as persoas que temos aldea, nos preguntaron algunha vez nas verbenas ou foliadas. A emigración ás cidades fixo que as aldeas e vilas se baleirasen e moita xente só acudise a elas nos veráns que é cando se celebran a maior parte das romarías e festas. Por iso, a xente do lugar comezaba así as conversas coas persoas que non lle eran familiares.

Warhol foi un artista que reflectiu a cultura de moitos lugares, máis esqueceuse de Galicia. Co reto que che presentamos a continuación imos poñer solución a isto. Empregaremos obxectos cotiáns, como facía el, pero relacionándoos coa cultura da nosa terra e somerxéndonos na Arte Pop do que el foi un dos máximos representantes.

Vamos alá!

Pictograma de dous nenos nunha festa

Lectura facilitada

A expresión "es de aquí ou vés á festa?" 

é algo que din as persoas de aldea

ás que non son de alí.

É unha maneira

de comezar unha conversa.

Warhol fixo visible á cultura de moitos lugares

mais esqueceuse de Galicia.

Con este reto

solucionaremos isto.

Empregaremos obxectos cotiáns,

como facía el,

pero relacionándoos con Galicia.

Traballaremos coa Arte Pop

da que el foi un dos maiores representantes.

Vamos alá!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)