Saltar navegación

5.4. Cápsula do tempo

A partir de 1974, Warhol gardou, empaquetou e almacenou un total de 610 caixas de cartón cos seus obxectos persoais.  Estas cápsulas do tempo considéranse unha obra de arte en si. Dentro atoparon dende artigos de xornais a bocadillos a medio comer pasando por fotografías e cartas. 

Como peche deste proxecto, propoñémoste que creedes a vosa propia Cápsula do Tempo.

Pictograma que representa unha caixa de cartón decorada ao estilo Pop Art

Buscade unha caixa e identificádea: Cápsula do tempo do proxecto... do curso...

Gardade dentro as reflexións, suxestións, e todo o que consideredes que poida ser de utilidade para as seguintes persoas que leven a cabo este proxecto. Podedes mesmo gardar algún dos produtos elaborados ou usar códigos QR.

Tamén podedes pedir ás persoas que lle expoñades o proxecto que garden dentro a súa valoración.

Veña, anímate!

Lectura facilitada

Warhol gardou un total de 610 caixas cos seus obxectos persoais.

Estas cápsulas do tempo son unha obra de arte.

Dentro atoparon artigos de xornais,

bocadillos a medio comer,

fotografías e cartas. 

Para finalizar este proxecto,

ides a crear a vosa propia Cápsula do Tempo.

Buscade unha caixa e poñédelle nome e curso.

Gardade o que consideredes

para as seguintes persoas

que fagan este proxecto.

Podedes gardar algún dos produtos elaborados

ou usar códigos QR.

Tamén gardar algunha valoración.

Anímaste?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)