Na fase 4 terás que montar e dinamizar unha feira artística para toda a comunidade educativa. Para iso vas crear en equipo diferentes postos coas producións elaboradas ao longo do curso. Aquí tes un adianto do que vas ter que facer.
Posto da vida e obra de Andy Warhol
Neste espazo exporás aspectos importantes da vida e obra de Andy Warhol.
Posto audiovisual
Neste recuncho exporanse as producións audiovisuais realizadas ao longo do curso.
Posto fotográfico
Neste espazo exporanse as fotografías dos produtos elaborados ao longo do curso.
Posto de producións creativas
Neste recuncho exporanse as producións recompiladas ao longo do curso.
Pero antes de pasar á seguinte fase, tes que formar un equipo con algunhas das túas compañeiras e dos teus compañeiros para superares o reto final e para desenvolveres algunhas das actividades que che propoñemos na fase 2.
- Enriba da túa mesa hai unha carta da baralla española.
- Busca ás persoas que teñan o mesmo pau que o teu (ouros, copas, bastos ou espadas).
- Ese será o teu equipo durante todo o proxecto.
Lectura facilitada
Na fase 4 terás que montar unha feira artística.
En equipo crearedes postos coas producións feitas ao longo do curso.
Os postos da instalación artística son:
- Posto da vida de Warhol
- Posto de audio e vídeo.
- Posto de fotografías.
- Posto de creacións.
Agora tes que formar un equipo.
Enriba da túa mesa
hai unha carta de baralla.
Busca ás persoas que teñan o mesmo pau ca ti.
Ese será o teu equipo.