Facemos panos simétricos
Agora propoñémoste que fagades deseños de panos tradicionais en equipo coa estrutura cooperativa de folio xiratorio. Empregade o seguinte documento en formato PDF (nova xanela) ou en formato editable. Na ficha podedes ver a representación dun pano dividido en 4 partes. Cada persoa do grupo terá que elaborar unha das partes do pano de cada un dos membros do equipo.
Paso 1
Deseño do patrón
- Elabora un deseño sinxelo no cuadrante 1 da ficha durante o tempo marcado. Podes empregar flores, follas, elementos xeométricos.
Paso 2
Folio xiratorio
- Pasa o folio á persoa da dereita.
- Realiza a simetría do deseño do teu compañeiro ou compañeira no cuadrante 2.
3. Repetide os pasos 1 e 2 ata completardes os cuadrantes 3 e 4.
Paso 3
Calcar o deseño
1. Prepara os seguintes materiais: folio co padrón, pano, papel de calco e rotuladores de tea.
2. Coloca o pano nunha superficie plana e o papel de calco enriba.
3. Pon o deseño sobre o papel de calco e marca co lapis todo o debuxo.
Paso 4
Completar e colorear
1. Retira os papeis e marca con lapis as partes que quedasen menos visibles.
2. Colorea o deseño empregando rotuladores de teas. Engade os detalles que consideres.
3. Listo! Xa tes o teu pano rematado para lucires na cachola.
Lectura facilitada
Paso 1
Crea un deseño sinxelo
no espazo 1 da ficha.
Podes facer flores, follas, elementos xeométricos.
Paso 2
1. Pasa o folio ao compañeiro ou compañeira da dereita.
2. Realiza a simetría do deseño
do teu compañeiro ou compañeira
no espazo 2.
3. Repetide os pasos 1 e 2
ata completar os espazos 3 e 4.
Paso 3
1. Coloca o pano
nunha superficie plana
e o papel de calco enriba.
2. Pon o deseño
sobre o papel de calco
e marca co lapis todo o debuxo.
Paso 4
1. Retira os papeis
e marca con lapis
o que non se vexa ben.
2. Colorea con rotuladores de tea.











