Diario de aprendizaxe
Chega o momento de faceres a reflexión final. Todos os proxectos deben ter unha fase para analizar os resultados, ver as cousas que funcionaron ben e as que non saíron como esperabamos. Non teñas medo a facer propostas que axuden a mellorar o proxecto.
Volta a vista atrás e pensa sobre como foi esta aventura dende o comezo e os resultados da mesma. Nun futuro, grazas a esta reflexión, poderás adaptarte mellor a outras situacións de aprendizaxe diferentes. Anota as túas reflexións no teu diario.
Lectura facilitada
Chega o momento da reflexión final.
Toca analizar os resultados,
ver as cousas que funcionaron
e as que non saíron ben.
Pensa sobre como empezou esta aventura
e os resultados.
Nun futuro, grazas a esta reflexión
poderás adaptarte mellor.
Anota as reflexións no teu diario.