No momento de realizar unha produción artística é importante seguirmos unha serie de pasos.
Pensa como te enfrontas ti cando tes que realizar algún traballo de plástica.
Que pasos segues?
Como te organizas?
Fas algunha busca de información ou inspiración?
Contesta as preguntas e fai unha posta en común con todo o grupo.
Lectura facilitada
Para realizar unha obra artística
hai que seguir uns pasos.
Pensa como fas ti
un traballo de plástica.
Que pasos segues?
Como te organizas?
Buscas información?
Audio
1 - 2 - 4
Esta tarefa ten varios pasos:
1. Cando avise a persoa docente visualizaredes unha nube de palabras relacionadas cos obxectivos e o reto do proxecto.
2. Teredes un tempo para debuxar individualmente o que vos imaxinedes que hai que facer neste proxecto.
3. Rematado o tempo, compartiredes coa vosa parella o debuxo e seleccionaredes o que vos gusta dun e doutro.
4. Por último, faredes o mesmo co resto do equipo creando un novo debuxo coas achegas de todos e todas.
Tedes que plasmar o que recordes sobre Andy Warhol e a súa arte. Tamén tedes que expoñer a vosa experiencia sobre como vos imaxinades a feira artística, algunha vez estivestes nalgunha? Sabedes como funciona?
Durante esta fase de intercambio de coñecemento podedes debater sobre o reto, incluso comezar a propor ideas para organizar cada espazo.
Cando remate o tempo, faredes unha posta en común con toda a clase.