A continuación atoparás 3 actividades. Elixe libremente cal ou cales che apetece facer.
3.5. Antes de rematar
Elas tamén pintan
Ao longo deste proxecto falamos de Andy Warhol, o máximo representante da arte pop.
Agora, tócache coñecer a moitas mulleres que tamén se dedicaron á arte.
Propoñémoste que fagas unha visita virtual a exposición "Con M de Muller" do Museo de Pontevedra (nova xanela).
Seguro que che parece unha pasada, non, si? Oíras falar dalgunha? Seguramente non.
Moitas mulleres viviron silenciadas ao longo da historia polos seus maridos, pais ou proxenitores, xa que se consideraba que a súa ocupación estaba no coidado da casa e dos fillos e fillas.
Despois de faceres a visita, elixe a obra ou pintora que máis che guste e fai unha representación dalgunha das súas obras. Engade o título e a autoría.
Expona nun lugar visible da aula ou centro educativo para que todos e todas poidan coñecer a estas mulleres e gozar coa súa arte.
Lectura facilitada
Tócache coñecer a mulleres
que se dedicaron á arte.
á exposición "Con M de Muller"
do Museo de Pontevedra (nova xanela).
Oíras falar dalgunha? Seguramente non.
Moitas mulleres viviron silenciadas
polos seus maridos, pais...
Considerábase que tiñan que
coidar da casa e dos fillos e fillas.
Despois de facer a visita:
- Elixe a obra ou pintora que máis che guste.
- Debuxa algunha das súas obras.
- Engade o título e a autoría.
- Expona nun lugar visible da aula ou centro educativo.
Audio
Canto lembras?
Le o texto e completa coas palabras que faltan.
- No @@debuxo@@ xeométrico úsanse diferentes ferramentas de debuxo técnico. O @@escuadro@@ serve para debuxar ángulos @@rectos@@.
- Para trazar rectas e ángulos de 30, 60 e 90 grados úsase o @@cartabón@@.
- Para medir ángulos en xeral úsase o @@transportador@@ de @@ángulos@@.
- As ferramentas que podemos empregar para facer liñas son: a @@regra@@, o @@escuadro@@ e o @@cartabón@@.
- Para debuxar círculos e @@circunferencias@@ úsase o @@compás@@.
- Dúas rectas son @@paralelas@@ se non se cortan nunca. No caso de que se cortasen estariamos a falar de rectas @@perpendiculares@@.
- Os eixes de @@simetría@@ son @@liñas@@ rectas imaxinarias que dividen unha figura en dúas partes @@iguais@@. Dicimos que un obxecto ou figura é @@simétrico@@ se, ao dobralo pola @@metade@@, ambas partes coinciden perfectamente.
- Con respecto aos movementos no plano, falamos de @@translación@@ se existe un desprazamento da figura. O movemento pode ser a calquera sitio do plano, pero non hai cambio de @@dirección@@.
- En troques, se a figura rota un determinado número de graos falamos de @@xiro@@.
- Pola contra, se o movemento produce unha figura como en espello, estamos a falar de @@simetría@@.
- Existes dous tipos de simetrías: @@axial@@, se o movemento se fai a partir dunha liña chamada @@eixe@@ de @@simetría@@, e a simetría @@central@@ cando o movemento se fai en relación a un @@punto@@.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0

