Saltar navegación

5.3. O traballo en equipo

Rúbrica

Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Aceptable1 Mellorable
Participación e colaboración Todas as persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando as outras. (4) A maior parte das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando as demais. (3)A metade das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre si. (2) Só unha persoa do equipo (ou ningunha) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre elas. (1)
Distribución das tarefas As tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (4)A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todas as persoas do equipo. (3)Só a metade das tarefas repartíronse de forma equitativa entre as persoas do equipo. (2)Houbo un reparto moi desigual das tarefas entre as diferentes persoas do equipo. (1)
Interacción entre os membros do equipoDurante a realización de todas as tarefas, as persoas do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións das outras e foron capaces de chegar a un consenso. (4) Durante a realización da maior parte das tarefas, as persoas do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron as outras e foron capaces de chegar a un consenso. (3)Durante a realización das tarefas, só a metade das persoas do equipo expresaron libremente as súas opinións, escoitaron as das demais e lograron pórse de acordo. (2)Durante a realización das tarefas, só unha persoa do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e terminouse impoñendo a opinión dunha soa persoa. (1)
Asunción de funcións e responsabilidades Todas persoas do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4)A maior parte das persoas do equipo exerceron as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (3) Só a metade das persoas do equipo exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2)Só unha persoa do equipo (ou ningunha) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1)

CEDEC. Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Reflexionamos sobre o noso traballo

Logo de que a comunidade educativa visitase a feira artística, toca que entre toda a clase reflexionedes sobre o traballo desenvolvido. 

Podedes analizar entre todos os equipos os resultados das dianas de avaliación do resto de cole. Isto servirá para aprender dos vosos erros e, por suposto, dos vosos acertos.

Con todo podedes tomar nota para mellorar as vosas seguintes propostas.

Lectura facilitada

Agora toca que entre toda a clase

reflexionedes sobre o traballo desenvolto. 

Analizade os resultados das dianas de avaliación do resto de cole.

Isto servirá para aprender dos vosos erros e acertos.

Podedes tomar nota para mellorardes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)