Déronme un balonazo na cachola xogando ao baloncesto.
Padrón
Definición:
Elemento que se repite de maneira constante e serve como modelo para facer algo.
Exemplo:
Usamos o padrón que viña de exemplo para colorear o mandala.
Para informarse
O pano galego forma parte do traxe tradicional propio da nosa cultura. Podémolo atopar de moitas cores e deseños sendo o máis habitual o que emprega flores. Ademais tamén existen varias formas de colocalos. Nos seguintes vídeos atoparás máis información.
O pano da cabeza
A forma de levalo
Reflexiona co teu grupo:
Que opinas sobre que as mulleres tivesen que poñer o pano segundo o seu estado civil?
Cres que os homes terían que facer o mesmo?
A que cres que se debe isto?
Coñecemos a técnica
Os eixes de simetría son liñas rectas imaxinarias que dividen unha figura en dúas partes iguais. Dicimos que un obxecto ou figura é simétrico se, ao dobralo pola metade, ambas partes coinciden perfectamente. Hai figuras cun eixe de simetría e outras con dous ou máis.
Propoñémosche que fagas un deseño propio dun pano tradicional. Para iso, só terás que realizar un padrón e repetilo 3 veces máis empregando e respectando os eixes de simetría. Vamos alá!
Lectura facilitada
O pano galego é parte do traxe tradicional galego.