Glosario
Bosquexo
-
Definición:
-
Debuxo que se fai con trazos rápidos sen moito detalle.
-
Exemplo:
-
Luísa fixo un bosquexo da paisaxe antes de pintar o cadro.
Definición:
Debuxo que se fai con trazos rápidos sen moito detalle.
Exemplo:
Luísa fixo un bosquexo da paisaxe antes de pintar o cadro.
Observa detidamente as seguintes fotografías de hórreos (abre nova xanela) para inspirarte.
Antes de debuxar, pensa cales son as figuras xeométricas que se van repetir, cales se van combinar ou superpoñer.

1. Cun lapis crea un bosquexo empregando as figuras xeométricas elixidas. Revisa a lista de control de máis abaixo.
2. Axúdate do compás para crear círculos e da regra e escuadro para as liñas. Tamén do transportador de ángulos para realizares as medidas exactas que se che piden.
3. Colorea empregando o estilo arte pop.

PASO 1
Observa fotografías de hórreos para te inspirares.
PASO 2
Pensa cales son as figuras xeométricas que vas a empregar.
PASO 3
Parabéns! Xa es unha persoa experta creando ilustracións con figuras xeométricas, pero non podemos esquecernos do reto final. Ide recompilando as ilustracións feitas para elaborar as invitacións para a feira artística. Estas ilustracións tamén servirán para que ti, e o resto da túa clase, decoredes os corredores do centro polo Día das Letras Galegas.
Parabéns!
Xa es unha persoa experta creando ilustracións
con figuras xeométricas
pero non podemos esquecernos do reto final.
Ide recompilando as ilustracións feitas
para elaborar as invitacións.
Servirán para que decoredes os corredores do centro
polo Día das Letras Galegas.
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0