Saltar navegación

Crear pixel art

Recursos para crear ao estilo arte de píxel

Para comezar a crear un debuxo coa técnica de arte de píxel só necesitas un papel con cadros pequenos, por exemplo un caderno de cadriños. Pinta os cadros e compón unha obra de arte.

Para a tarefa que verás despois terás que utilizar a plataforma Piskel for kids, pero se non tes acceso a Internet tamén podes utilizar un programa de ordenador como GIMP, ou mesmo descargar Piskel e traballar sen conexión a Internet.

Por que Piskel for kids? Tres motivos:

  1. Está dispoñible de balde.
  2. É un programa libre que permite o uso sen limitacións.
  3. Non obriga a facer un rexistro nin garda os teus datos de navegación.

Pasos para comezar con Piskel for kids.

1. Visita o sitio web

Accede á web de Piskel (nova xanela).

2. Coñece as funcións do programa.

Aspecto de Piskel for kids

Imaxe que amosa os grupos de funcións de Piskel

Ferramentas de debuxo e selección

Imaxe que amosa puntos sobre unha captura dos botóns de Piskel para explicar o significado

  1. Selector do grosor do punto.
  2. Ferramenta de lapis para debuxar puntos.
  3. Bote de pintura para encher de cor unha zona ou cambiar unha cor por outra.
  4. Goma de borrar puntos.
  5. Debuxo dun cadrado e un círculo.
  6. Ferramenta para mover todo o debuxo ou só unha parte.
  7. Botóns para a selección dunha parte do debuxo.
  8. Botón para cambiar o ton da cor.
  9. Selector de cor.
  10. Ferramenta para crear debuxos simétricos.
  11. Botón para pintar liñas.
  12. Ferramenta para crear un patrón de cadros.

3. Crea con Piskel for kids

Experimenta, debuxa, borra, fai probas sen medo.

Animación dunha gata que bota a lingua e chisca un ollo

Na seguinte páxina tes un videotitorial que explica o funcionamento de Piskel for kids.

Lectura facilitada

Para comezar a crear un debuxo de píxel

necesitas un papel con cadros pequenos-

Pinta os cadros e compón unha obra de arte.

Para a tarefa de despois

terás que utilizar Piskel for kids

tamén podes utilizar GIMP,

ou descargar Piskel e traballar sen conexión a Internet.

Por que Piskel for kids? tres motivos:

  1. Está dispoñible de balde.
  2. É un programa libre.
  3. Non obriga a facer un rexistro nin garda os teus datos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)