Crear as tarxetas credenciais
En calquera evento poderás ver a diferentes persoas portando no pescozo unha tarxeta ou documento denominado credencial ou identificador. Para organizar a feira artística é necesario designar roles para garantir o seu bo funcionamento por iso, todas as persoas do equipo, deben portar unha tarxeta credencial que acredite a súa identidade e a súa función.
Coordinación
Son as persoas responsables de coordinar e supervisar o correcto funcionamento da feira.
Comisión de protocolo e inauguración
Serán os responsables de inaugurar e clausurar a feira. Encargaranse de atender ao público na súa chegada, de presentar a feira, definir e establecer normas e supervisar a seguridade e limpeza da feira.
Equipos de posto
Grupos de 2 ou 3 persoas que se encargarán de atender cada posto e explicar o que se expón.
Monitores e monitoras
Ocuparanse de axudar ás persoas visitantes, explicar como é a feira e resolver dúbidas. Tamén teñen a misión de manter a orde e evitar os ruídos e voces altas.
Exemplo de tarxeta credencial

Non esquezas poñer a función e o debuxo ou a foto dunha pandeireta. Deixa un cadro para que as túas compañeiras e os teus compañeiros escriban o seu nome.
Audio
Precisas unha imaxe?

Copia ou descarga esta imaxe (nova xanela) para utilizala no cartón da tarxeta credencial.