Saltar navegación

3.1. Xeometría ao estilo Warhol

Para informarse

Imaxe de dous hórreos de Combarro

Warhol empregaba figuras xeométricas nalgunhas obras, sobre todo nas serigrafías, xa que creaba un deseño con figuras xeométricas simples: triángulos, cadrados, liñas, rectángulos... A utilización das figuras xeométricas forma parte do seu particular estilo Pop Art, onde a simplicidade e a repetición desempeña un rol importante.  

Podes crear diferentes debuxos utilizando figuras xeométricas básicas, só tes que poñerlle imaxinación, combinando diferentes figuras xeométricas para crear outras máis complexas (obxectos, persoas, animais), superpoñendo figuras iguais, mediante liñas que unan unhas con outras...

No seguinte videotitorial explícanche como empregares o escuadro, cartabón e transportador de ángulos para realizares debuxo xeométrico: 

Paralelas e perpendiculares



Uso do transportador de ángulos

Que tes que facer?

Agora tócache crear un hórreo utilizando formas xeométricas ao estilo Pop Art que empregaremos como imaxe das invitacións para a feira artística. 

Para crealo necesitarás:

Lectura facilitada

Warhol empregaba figuras xeométricas

nalgunhas obras,

creaba un deseño con:

triángulos, cadrados, liñas, rectángulos...

Forma parte do estilo Pop Art,

Podes crear diferentes debuxos

utilizando figuras xeométricas básicas,

combinando diferentes figuras

para crear outras máis complexas.

Que tes que facer?

Agora tócache crear un hórreo

utilizando formas xeométricas

que empregaremos nas invitacións para a feira artística. 

Para crealo necesitarás:

  • Regra, escuadro e transportador de ángulos
  • Folio
  • Lapis e goma
  • Pinturas

Feito con eXeLearning (Nova xanela)