Saltar navegación

3.3. Arte de píxel

Para informarse

As fotografías en papel ou na pantalla do ordenador están compostas por milleiros de puntos tan pequenos que non son visibles a simple vista. Cada un deses puntos diminutos reciben o nome de píxel.

Ilustración dunha paisaxe con montañas e un sol, co texto pixel art

No arte de píxel (en inglés pixel art), utilízanse puntos ou cadros grandes para compoñer as imaxes, como se fosen pezas dun crebacabezas.

Nos primeiros videoxogos non se podían facer debuxos moi detallados porque os ordenadores da época non eran tan potentes como os de hoxe. Por iso, as persoas que deseñaban os personaxes, os obxectos ou os escenarios tiñan que usar poucos píxeles e moita imaxinación para crear xogos atractivos e divertidos.

Personaxe de videoxogo animado

Hoxe en día, aínda que a tecnoloxía mellorou moito, existen videoxogos que utilizan esta técnica de arte de píxel porque teñen un estilo que fai lembrar os xogos antigos.

Coñeces algún videoxogo con este tipo de debuxos?

Lectura facilitada

As imaxes no ordenador están compostas por moitos puntos tan pequenos que non se ven.

Cada un deses puntos diminutos reciben o nome de píxel.

Ilustración dunha paisaxe con montañas e un sol, co texto pixel art

No arte de píxel, que ten o nome de pixel art en inglés,

utilízanse cadros grandes para facer as imaxes,

como se fosen pezas dun crebacabezas.

Nos primeiros videoxogos os debuxos tiñan cadros grandes

porque os ordenadores non eran potentes.

Personaxe de videoxogo animado

Agora si hai ordenadores potentes e os píxeles son pequenos

pero aínda hai videoxogos con cadros grandes para as imaxes.

Coñeces algún videoxogo con este tipo de debuxos?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)