As metas do reto
Coa túa implicación e traballando man a man co teu equipo, nesta situación de aprendizaxe acadarás os seguintes obxectivos:
- Coñecer o principal protagonista da Arte Pop.
- Facer deseños propios ao estilo de Andy Warhol.
- Ensinar ao resto do cole as creacións empregando a Arte Pop.
- Traballar en equipo para sacar adiante un reto.
- Montar unha feira artística para desfrute de toda a comunidade educativa.
- Decorar os corredores do centro.
Lectura facilitada
Traballando co teu equipo
acadarás os seguintes obxectivos:
- Coñecer a Arte Pop.
- Facer deseños como Andy Warhol.
- Ensinar aos nenos e ás nenas obras ao estilo de Arte Pop.
- Traballar en equipo.
- Montar unha feira artística.
- Decorar os corredores.




A crear obxectos típicos de Galicia usando simetrías.