Glosario
Figura xeométrica
-
Definición:
-
Representación dunha forma que se debuxa nun papel ou co ordenador. O círculo e o triángulo son figuras xeométricas.
-
Exemplo:
-
O tangram é un xogo con sete figuras xeométricas
Definición:
Representación dunha forma que se debuxa nun papel ou co ordenador. O círculo e o triángulo son figuras xeométricas.
Exemplo:
O tangram é un xogo con sete figuras xeométricas
Para entender o que é un plano, imaxina que é a superficie sobre a que está un debuxo ou unha figura xeométrica. Sobre o plano os obxectos poden moverse de diferentes maneiras, mantendo as dimensións e a forma. A ese tipo de cambios é ao que chaman "movementos no plano".
Aquí coñecerás catro tipos de movementos no plano: translación, xiro, simetría axial e simetría central.
Existe un desprazamento da figura. O movemento pode ser a calquera sitio do plano. Todas as partes da figura móvense á mesma distancia e na mesma dirección polo que a figura mantén a forma.


A figura rota un determinado número de graos arredor dun punto que recibe o nome de centro de rotación.

Este movemento produce unha figura como en reflexo. Igual que cando miras a túa imaxe nun espello.
Existe unha liña, que ten o nome de eixe de simetría, que crea o efecto de reflexión.


O movemento de simetría central no plano faise en relación a un punto. A figura mantén a forma e o tamaño pero xira 180 graos.
A simetría central é equivalente a xirar a figura media volta.


Un plano é a superficie sobre a que está un debuxo ou unha figura xeométrica.
Os obxectos poden moverse no plano de diferentes maneiras,
sen cambiar as dimensións nin a forma.
A ese tipo de movementos é ao que chaman "movementos no plano".
Aquí coñecerás catro tipos de movementos no plano:
Existe un desprazamento da figura.
O movemento pode ser a calquera sitio do plano.
Todas as partes da figura móvense a mesma distancia.
A figura mantén a forma.


A figura xira arredor dun punto
que recibe o nome de centro de rotación.

Este movemento produce unha figura como en reflexo.
Igual que cando miras a túa imaxe nun espello.
Hai unha liña imaxinaria, que chamamos eixe de simetría,
que crea o efecto de reflexión.


O movemento de simetría no plano faise sobre un punto.
É como se a figura dera media volta.


Simetría axial
https://youtu.be/MoHM-dT_MEA?si=rVoe8U_y1q5r36Uk (nova xanela)
Simetría central
https://youtu.be/6aVuWLWVt_Q?si=s7MZE4AF3zdXSucQ (nova xanela)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0