O reto
Warhol dedicouse a reflectir obxectos, lugares e personalidades doutros países esquecéndose de Galicia. Iso imos facelo nós! De que maneira?
En equipos teredes que organizar unha feira artística na que se recollan todos os traballos elaborados ao longo do curso co gallo de poder mostrar ao resto da comunidade educativa a vosa creatividade e habilidades artísticas. Para organizala teredes que ter en conta algúns aspectos como: escoller unha data para levala a cabo, elixir o espazo máis axeitado, crear os diferentes recunchos, programar actividades, realizar carteis e invitacións para convidar ao resto do colexio á feira.

Algunhas das actividades que che propoñemos son as seguintes:
Xeometría ao estilo Warhol
Elaborar invitacións
Empregarás o escuadro e o cartabón para crear un hórreo utilizando formas xeométricas ao estilo Pop Art, que empregaremos como imaxe das invitacións para a feira artística.
Cacholas á galega
Deseñar un pano tradicional galego
Deseñarás xunto ao teu equipo un padrón dun pano seguindo modelos e recrearédelo en tea, empregando cores pop e os eixes de simetría.
Arte de píxel
Deseñar animacións
Realizarás unha imaxe animada empregando a liña horizontal.
Warhol á galega
Deseñar carteleira, invitacións e credenciais
Deseñarás a carteleira para os diferentes recunchos da feira, as invitacións e as tarxetas credenciais para identificar as persoas comisarias da feira artística.
Aquí podes descargar a lista de control en formato PDF (nova xanela) ou, se o prefires, en formato editable con todo o que debes facer neste proxecto.
Só falta que lle poñas entusiasmo e goces moito con esta experiencia!
Comezamos!
Lectura facilitada
Warhol debuxou obxectos, lugares e persoas doutros países,
mais esqueceuse de Galicia.
Por iso has facelo ti!
En equipos crearedes unha feira artística
cos traballos de todo o curso
para o resto do colexio.
Para organizala teredes que:
escoller unha data,
elixir o lugar,
programar actividades,
realizar carteis e
invitacións para o resto do colexio.
As actividades que che propoñemos son:
- Xeometría ao estilo Warhol: para facer invitacións.
- Cacholas á galega: deseñarás o teu propio pano galego.
- Arte en Piskel: aprenderás a facer animacións co ordenador.
- Warhol á galega: para preparar a feira.
Ponlle entusiasmo.
Comezamos!
Aquí podes descargar a lista de control en formato PDF (nova xanela) ou,
se o prefires, en formato editable con todo o que debes facer neste proxecto.