Saltar navegación

1.5. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaAntes de comezares, se non sabes o que é un diario de aprendizaxe, dedica uns minutos a ler as explicacións sobre o uso do diario que están no apartado co título "Diario de aprendizaxe" , aí podes atopar tamén o documento para descargar.

Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1 e completa todos os apartados. Na reflexión dedica uns minutos a pensar e non escribas calquera cousa só por rematares axiña!

Reflexiona sobre o teu traballo, as cousas que fixeches en equipo, e tamén sobre a maneira na que aprendes. Isto servirache de moito en futuras aprendizaxes.

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Se non sabes o que é un diario de aprendizaxe,

le as explicacións neste enlace: diario de aprendizaxe.

Busca no teu diario de aprendizaxe

a páxina da Fase 1

e completa os apartados.

Pensa e non escribas calquera cousa!

Reflexiona sobre o teu traballo,

sobre o traballo en equipo,

e como aprendes.

Se non tes o diario de aprendizaxe

Ir ao apartado sobre o diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)