Rúbrica para avaliar o traballo individual| | 4 Excelente | 3 Satisfactorio | 2 Axeitado | 1 Mellorable |
|---|
| Comprensión do reto | Comprendín todos os pasos para acadar o reto final. Tamén entendín o propósito de todas as actividades. (4) | Souben o que tiña que facer no reto aínda que non tiña claro o seu propósito. (3) | Necesitei axuda para comprender o reto e os pasos para levalo a cabo. (2) | Aínda que solicitei axuda non entendín as partes do reto. (1) |
|---|
| Sesións artísticas | Participei activamente e esforceime para superar con éxito as tarefas, aproveitando o tempo na clase e axudando as miñas compañeiras e os meus compañeiros. (4) | Participei e esforceime para superar as tarefas, aproveitando parte do tempo na clase e axudando as miñas compañeiras e os meus compañeiros cando mo solicitaban. (3) | Participei o necesario para rematar as tarefas, sen aproveitar moito o tempo na clase. (2) | A maior parte das tarefas fíxenas sen esforzarme e sen aproveitar o tempo na aula. (1) |
|---|
| Participación no equipo | Participei positivamente no equipo: facendo a tarefa correspondente, respectando os e as demais, axudando e achegando ideas. (4) | Participei no equipo: facendo a tarefa correspondente, respectando os e as demais, axudando e achegando algunhas ideas. (3) | Participei minimamente no meu equipo: fixen algunha tarefa, tiven algún desacordo coas compañeiras e cos compañeiros e case non acheguei ideas. (2) | Apenas participei no equipo: fixen poucas tarefas, sen integrarme no equipo e sen case achegar ideas. (1) |
|---|
| Presentación das tarefas | Rematei a tarefa no prazo asignado, con limpeza, con gran creatividade e excelente presentación. (4) | Rematei a tarefa no prazo asignado, con boa presentación e limpeza. (3) | Rematei algunha das tarefas no prazo asignado, con presentación e limpeza mellorables. (2) | As tarefas están sen rematar no prazo asignado, con mala presentación e pouca limpeza. (1) |
|---|
Elaboración propia para o proxecto cREAgal. Rúbrica para avaliar o traballo individual (CC BY-SA)
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela