Glosario
Rutina de pensamento
-
Definición:
-
Conxunto de actividades, pasos ou preguntas que nos axudan a organizar as ideas e o pensamento.
-
Exemplo:
-
Despois de observar a imaxe durante 30 segundos, fixemos unha rutina de pensamento.
Definición:
Conxunto de actividades, pasos ou preguntas que nos axudan a organizar as ideas e o pensamento.
Exemplo:
Despois de observar a imaxe durante 30 segundos, fixemos unha rutina de pensamento.
A continuación atoparás 3 actividades. Elixe libremente cal ou cales che apetece facer.
Os elementos POP da arte de Andy Warhol son o emprego de cores rechamantes, a repetición así como o uso de obxectos cotiáns.
Realiza un debuxo tamaño folio no que se poidan apreciar estes 3 elementos da arte popular. Para iso, segue os seguintes pasos:
Os elementos POP da arte de Andy Warhol son
as cores,
a repetición e
o uso de obxectos cotiáns.
Realiza un debuxo
no que aparezan
estes 3 elementos.
Segue estes pasos:
Podes ver diferentes formas simples neste documento en PDF,
Mira este documento PDF coas formas simples (abre en nova xanela).
A seguinte ligazón (nova xanela) vaite levar á páxina do Museo Reina Sofía onde podes realizar unha visita virtual á colección dalgunhas das obras de Maruxa Mallo. Unha delas titúlase "Máscara tres-vinte" (Mask Three-Twenty). Maruxa Mallo ilustraba máscaras para plasmar as emocións, tanto positivas como negativas, e para descubrir a propia identidade, especialmente a feminina, como unha forma de apoderar á muller nunha época artística dominada pola influencia masculina.
Que tes que facer?
Fai unha reflexión sobre a obra de arte "Máscara tres-vinte". Para facer a rutina de pensamento "Vexo, penso, pregúntome" podes guiarte do seguinte documento PDF ou en formato editable.
Que elementos xeométricos atopas na máscara?
Que técnica cres que empregou para crear a máscara? Que emocións che transmiten as cores utilizadas?
Que significado cres que ten a máscara? Que outro título lle porías?
Entra nesta ligazón (nova xanela) do Museo Reina Sofía..
Observa a obra "Máscara tres-vinte".
Utiliza a rutina de pensamento:
Vexo, penso e pregúntome.
VEXO: que elementos xeométricos atopas na máscara?
PENSO: que técnica empregou?
que emocións producen as cores?
PREGÚNTOME: que significado cres que ten a máscara?
Que título lle porías?
Escolle a resposta correcta.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0