Saltar navegación

Tarefa

Tarefa: aplica movementos no plano

Esta tarefa consiste en demostrar o que aprendiches sobre os movementos no plano. Hai 4 figuras e terás que construír a que corresponda segundo o movemento.

Utiliza preferentemente a plataforma Piskel for kids para resolver a tarefa, pero se non tes acceso a Internet podes usar o programa GIMP.

Aquí tes a explicación de como facer a tarefa con Piskel for kids ou con GIMP.

Escolle unha opción

Imaxe movementos do plano

Opción A: con Piskel for kids

  1. Utiliza este ficheiro de Piskel e aplica ás catro figuras os movementos de translación, xiro, simetría axial e simetría central.
  2. A orde é: primeira figura translación, segunda figura con xiro, terceira figura con simetría axial, e a cuarta figura con simetría central.
  3. Pinta os puntos que corresponda.
  4. Garda o debuxo como unha imaxe PNG e entrégallo á persoa docente.

Imaxe animada como exemplo de uso de Piskel Kids

Opción B: con GIMP

  1. Utiliza esta imaxe para editar con GIMP e aplicar os movementos de translación, xiro, simetría axial e simetría central, a cada unha das figuras.
  2. Utiliza a ferramenta de bote de pintura para poñer cor negra nos puntos que corresponda.
  3. Garda o debuxo como unha imaxe PNG e entrégallo á persoa docente.

Imaxe animada como exemplo de uso de GIMP

Lectura facilitada

Tes que demostrar o que aprendiches

sobre os movementos no plano.

Hai 4 figuras que terás que construír segundo o movemento.

Utiliza Piskel for kids,

pero se non tes acceso a Internet

podes usar o programa GIMP.

Precisas un exemplo?

Ilustración dos catro movementos no plano aplicados a catro figuras

Feito con eXeLearning (Nova xanela)