O proxecto

Chegou o momento de redactar o proxecto de investigación.
Os grupos están formados. Agora toca concretar a pregunta de investigación, os obxectivos e definir claramente as variables de investigación, así como o control que imos realizar das posibles variables estrañas. É fundamental concentrarse, repasar todo o aprendido e falar moito co profesor ou coa profesora, porque o proxecto creado nesta unidade será a vosa folla de ruta.