Ficha técnica

Título
"A investigar apréndese investigando"


Autoría
Luis Fernández López

Foi deseñado e creado durante unha licenza por formación, organizada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, mediante convocatoria publicada por Resolución de 5 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.


Tipo de recurso
Recurso Educativo Aberto (REA).  ExeLearning


Descrición
Esta ferramenta pretende ser un soporte para deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de investigación na aula en Educación Secundaria Obrigatoria. Os proxectos de investigación enténdense como unha forma de Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP), nos que se reproducen todas as fases que se desenvolven diariamente no traballo científico. É unha proposta centrada nas competencias clave en xeral e nas científicas en particular, que se fundamenta en que a investigación é unha aprendizaxe que hai que vivir, e onde a teorización exclusiva non serve de moito. Como se reflicte no título: a investigar apréndese investigando.

A proposta encaixa perfectamente no ámbito científico e tecnolóxico, axustándose ao currículo de Galicia en materias de Ciencias en educación secundaria obrigatoria e pos-obrigatoria, así como nos ciclos formativos de grao básico.


Idiomas
Galego e español


Licenza
Creative Commons

Ano

2024