Saltar navegación

B. Redacción de textos científicos

A escribir

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Redactando memoría (CC BY-SA)

A continuación, dispoñedes dunha serie de indicacións para facer a memoria. A forma de redactar en ciencias ten características particulares, sendo diferente, por exemplo, dun texto literario. Revisade as indicacións con atención.

  1. Empregade un ton formal e obxectivo. Escribide de forma clara e seria. Evitade usar palabras demasiado coloquiais ou emocionais. Por exemplo, en vez de dicir "Foi alucinante ver os resultados!", é mellor que escribades "Os resultados mostraron datos significativos".
  2. Usade o presente para narrar feitos. Na maior parte do texto científico, os feitos universais e as conclusións descríbense no presente. Por exemplo: "As plantas, como os piñeiros, necesitan luz para realizar a fotosíntese."
  3. Usade o pasado para describir experimentos. Cando contedes o feito no traballo, usade o pasado. Por exemplo: "medimos a altura das plantas despois de catro semanas" ou " rexistramos o tempo da reacción". 
  4. Escribide frases curtas e claras. Evitade frases longas ou con demasiadas ideas. Unha frase, unha idea. Por exemplo: "O experimento durou dúas semanas. " , "Observáronse cambios na cor das follas.", "O  modelo de coche que usamos moveuse polo plano inclinado". 
  5. Evitade o uso da primeira persoa. En textos científicos, é máis común usar unha redacción impersonal. Por exemplo, en vez de "Eu puxen a planta ao sol", escribe "A planta foi colocada ao sol".
  6. Empregade conectores para dar orde e claridade: usade palabras como "primeiro", "despois", "por tanto", "ademais" ou "finalmente" para organizar o texto. Isto axuda a que a persoa que esta a ler siga mellor as ideas.
  7. Evitade redundancias: non repitades a mesma idea varias veces. Procurde usar palabras diferentes para expresar conceptos similares, pero sempre sendo claro.
  8. Inclúide exemplos só cando sexan necesarios: se explicades algo moi complexo, podedes poñer un exemplo, pero non abusedes deles.
  9. Revisade a ortografía e a gramática: antes de entregar a memoria, asegúrade de que non haxa erros. Pedide a alguén que lea o voso texto para comprobar que se entende ben.
  10. Usade un vocabulario específico pero comprensible: empregade termos científicos cando sexa necesario, pero explicade conceptos difíciles de forma sinxela para que a persoa que eata a ler os poida entender.

Escribir de forma científica non é só informar, senón facelo de xeito claro, organizado e respectando as normas de redacción formal. Practicar estas regras axudarache a mellorar.

Relaciona

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

Ao redactar textos científicos ... 

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

\n

Ao redactar textos científicos ... 

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Empregamos%20un%20ton","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"obxectivo%20e%20formal"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Escribimos%20frases","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"curtas%20e%20sinxelas"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Usamos%20un%20vocabulario","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"espec%C3%ADfico"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Evitamos%20cando%20describimos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"o%20uso%20da%20primeira%20persoa"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Non%20usaremos%20moitos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"exemplos"}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"20241222195349-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)