A.B.C. Redactar a memoria

Tarefa

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Traballo en equipo (CC BY-SA)

Redactar a memoria final é responsabilidade de todo o grupo de investigación. Ninguén debe quedar á marxe, xa que a colaboración de todos e todas é esencial para conseguir un resultado de calidade e conxunto. Repetimos, non sobra: a ciencia, na actualidade, faise en equipo. 

Tarefa

Seguide estas instrucións para completar a memoria:

  1. Descargade o formulario de memoria. Atoparédelo logo destas indicacións.
  2. Enchede cada apartado sen presas. Consultade os contidos desta unidade e a memoria modelo para asegurar que completades todos os puntos correctamente.
  3. Compartide o documento. Usade a aula virtual ou Google Drive para que todos e todas poidades traballar en conxunto no mesmo documento.
  4. Revisade a memoria rematada. Empregade a ferramenta de avaliación do seguinte apartado para valorar o traballo (en Avaliación).
  5. Enviade a primeira versión ao profesor ou profesora. Facédeo a través do canal indicado (aula virtual, correo electrónico, etc.).
  6. Agardade os comentarios do ou da docente. Revisade as suxestións e mellorade a memoria seguindo as indicacións dadas.
  7. Enviade a segunda versión. Repetide o proceso de revisión e mellora tantas veces como sexa necesario ata chegar á versión final.
  8. Se tedes a versión final, a memoria está lista para entrega final e comunicación á clase. 

Traballade en equipo e revisade todo con atención para asegurar un resultado de calidade!