Tarefa

Imos traballar en grupos de investigación, tal como están xa conformados para o voso proxecto.
Antes de redactar a vosa proposta, imos avaliar un proxecto feito utilizando a mesma ferramenta que empregaredes despois para avaliar o voso propio proxecto. Desta maneira, poderemos identificar, antes de comezar, cales son os criterios necesarios para elaborar un traballo de calidade.
Tarefas:
- Descargade abaixo o proxecto de investigación modelo. Non é perfecto; poderedes observar aspectos que están ben, aspectos que están moi ben e outros que se poderían mellorar.
- Lede individualmente todo o proxecto modelo.
- Aplicando a ferramenta que usaredes (C) na avaliación do voso traballo, revisade o proxecto modelo. Podedes avanzar e ver como se aplica no apartado de avaliación desta mesma unidade.
- A partir das avaliacións individuais, acordade unha avaliación conxunta para todo o grupo de investigación en cada apartado que se debe avaliar.
O máis importante é a vosa avaliación. Hai aspectos que son subxectivos.
Deixamos abaixo a rúbrica cuberta, cunha puntuación final de 44 puntos.