A.B.C. Construíndo conclusións

Tarefa

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Traballo en grupo (CC BY-SA)

Traballamos en grupo de investigación

Partimos dun experimento feito sobre a presión arterial feito por un grupo de estudantes de secundaria. Lemos a súa descrición. 

No proxecto, medimos a presión arterial de varios participantes en dúas situacións: en repouso e despois de realizar 5 minutos de exercicio físico moderado (correr no lugar). Utilizouse un tensiómetro para rexistrar os valores sistólicos (alta) e diastólicos (baixa). Comparáronse os datos obtidos antes e despois do exercicio para analizar o impacto da actividade física na presión arterial. Todos os participantes realizaron a mesma actividade para garantir a comparación. Finalmente, calculouse o incremento da presión arterial en cada caso.

Vemos os datos

Tarefa

1. Individualmente, elabora 2 conclusións a partir das evidencias (datos) da táboa.   

2. Xuntádevos no grupo de investigación, e chegade a 3 conclusións comúns.  

3. Cando teñades unha resposta, revisade a retroalimentación.