A.B.C. As conclusións do noso proxecto

Tarefa

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Traballo en grupo (CC BY-SA)

Traballade no grupo de investigación

(Esta actividade ten como verdadeiro protagonista ao grupo de investigación. Neste momento resulta, maís que nunca, fundamental chegar a acordos en equipo). 

Despois de todo o esforzo e dedicación dedicados no voso traballo experimental, chegou o momento clave: redactar as conclusións. Esta é unha parte fundamental do proxecto, xa que aquí é onde explicades o que descubristes grazas aos datos que recollestes. As conclusións son o resultado do voso traballo e teñen que demostrar o que aprendestes, sendo claras, precisas e ben fundamentadas.

Lembrade: as conclusións deben basearse nos resultados obtidos. Os datos son as vosas evidencias, e só eles poden apoiar as vosas afirmacións. Non vale incluír opinións persoais, crenzas ou ideas non demostradas. A ciencia require argumentos sólidos e probas claras, e vós tedes todo o necesario para logralo!

Antes de comezar, repasaremos como se redacta unha boa conclusión:

  1. Sintetizade o que observastes nos resultados.
  2. Relacionade os datos co obxectivo inicial do proxecto.
  3. Evitade introducir información nova ou ideas sen base.
  4. Facede afirmacións curtas, claras e directas.
  5. Non redactedes ningunha conclusión que non se apoie nunha evidencia (resultado). 
  6. Non inclúades opinións nin crenzas. 

Tarefa

  1. Revisados os datos do voso proxecto, redactade as conclusións seguindo os consellos anteriores.
  2. Redactade varias conclusións, sen mesturar todas as ideas nun único parágrafo.
  3. Asegurade que todo o grupo de investigación está conforme con cada unha das conclusións.
  4. Validade as conclusións coa lista de cotexo que tedes na retroalimentación, preferiblemente despois de rematalas.