Avaliadores/as de proxectos
Como xa indicamos, cada ano moitos equipos científicos precisan orzamento para levar a cabo o seu traballo. Existen diferentes institucións públicas e privadas que poden financiar estas iniciativas. Os equipos presentan proxectos de investigación que, aínda que con maior complexidade, seguen pasos similares aos que vós levastes a cabo.
Existen persoas, coñecidas como avaliadores e avaliadoras de proxectos, que empregan ferramentas similares ás que utilizastes (na AUTOAVALIACIÓN) para decidir cales proxectos recibirán fondos para a súa realización.
Esta actividade de reflexión consistirá precisamente niso. Todos os grupos presentaredes o voso proxecto, seguindo unhas indicacións específicas, e o resto dos grupos aplicará a mesma ferramenta que utilizastes para avaliar os vosos traballos. Tratáse da COAVALIACIÓN, porque entre vós mesmos vos avaliardes. Logo queda a que fará o profeosr ou profesora, a HETEROAVALIACIÓN.

Se as ferramentas que utilizastes (lista de cotexo ou rúbrica) están ben aplicadas, as coincidencias entre os tres momentos da avaliación serán moitas.
Tarefa
- Cada grupo de investigación debe realizar unha presentación cun máximo de 8 diapositivas. Na biblioteca de investigación tedes o esquema dunha presentación modelo e un titorial con recomendacións para facer bos traballos cando presentades as vosas ideas.
- Nun máximo de 10 minutos, expoñede a presentación á clase, deixando tempo para preguntas.
- O resto dos grupos, aplicando a ferramenta de avaliación que utilizastes na autoavaliación, avaliade a presentación do grupo de investigación que expoña.
- Todos os grupos deben repetir o mesmo proceso.
- Escoitade a heteroavaliación do profesor ou profesora.
Como resultado das tres avaliacións, todavía estades a tempo de facer cambios.
Se cada grupo de investigación se encarga de anotar os aspectos da ferramenta de avaliación nos que non houbo consenso nas tres avaliacións, teredes unha boa oportunidade de aprendizaxe. Discutide, con respecto, as razóns das diferenzas.
As críticas construtivas fannos crecer e non deben molestar. Para iso, é fundamental que sempre se expresen con afecto e respecto.