A. Contidos

As conclusións do traballo

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Argumentación (CC BY-SA)

Imos redactar as conclusións do traballo de investigación. Deben ser frases sinxelas, claras e baseadas nos datos (evidencias) que obtivestes. Non se aceptan opinións, crenzas ou ideas, só probas demostrables.

Para aprender como redactar correctamente as conclusións, utilizaremos un exemplo dun experimento onde analizaremos conclusións correctas (boas) e incorrectas (malas).

Partimos dun experimento no que medimos o crecemento dunha planta no laboratorio do centro, controlando a luz diaria á que está exposta. Os resultados obtidos resúmense na táboa seguinte.

Tendo en conta os datos podemos identificar conclusións verdadeiras e falsas. O importante, para que a conclusión sexa correcta, é que a frase e os datos concorden. Revisando con moita calma os datos podemos ver se cada conclusión é correcta ou non. 

Conclusións verdadeiras:

- As plantas expostas a máis horas de luz creceron máis que aquelas con menos horas de luz.
- O grupo C, con 12 horas de luz diaria, obtivo a maior altura (18 cm) ao final do experimento.

Conclusións falsas:
- As plantas do grupo A creceron máis rápido que as do grupo C.
- A luz non tivo ningún efecto no crecemento das plantas.

O mesmo teredes que facer ao chegar ás conclusións, a partir dos datos que obtivestes na experimentación.

Adiviña

Ocultar

2

Observa as letras, identifica e enche as palabras que faltan.

Número de preguntas: 3

Acertos: 0

Erros: 0

Puntuación: 0

Límite de tempo (mm:ss):

00:00

Minimizar:
Pantalla Completa:
Xenial! A pista é:
Pregunta sen imaxes
Audio
Autoría:

Prema aquí para xogar:
Resposta:
Pregunta:
Escribe a palabra correcta e preme en Responder. Se dubidas, preme en Seguir.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.