Saltar navegación

C. Redacción de textos científicos

C. Redacción de textos científicos

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Redactando a memoria (CC BY-SA)

Indicacións para redactar memorias científicas

Aquí tedes unha guía para escribir a memorias do voso traballo dun xeito claro, formal e ben estruturado. Seguir estas normas pode axudaravos a mellorar o voso traballo e a comunicar os resultados correctamente. A forma de escribir nas ciencias é diferente de, por exemplo, escribir unha novela ou un texto xornalístico. 

  1. Empregade unha linguaxe formal e obxectiva.: Evitade expresións emocionais ou informais. Por exemplo, en lugar de "Os resultados foron moi guais!", escribide "Os resultados mostraron datos relevantes".
  2. Usade os tempos verbais axeitados. Para describir feitos universais ou conclusións, escribide en presente: "A temperatura regula a fotosíntese." Para describir os pasos do experimento, empregade o pasado: "Medimos o tempo en que a sal tardou en disolverse."
  3. Facede frases curtas e precisas. Unha frase debe conter unha única idea. Por exemplo: "O experimento durou un mes. Observamos cambios significativos na cor das follas." Usade frases simples ou compostas coordinadas.
  4. Escribide en terceira persoa e de forma impersonal: En textos científicos é habitual evitar a primeira persoa. Por exemplo, en lugar de "Puxemos a planta ao sol", escribide "A planta foi colocada ao sol."
  5. Organizade o texto con palabras para enlazar as ideas (conectores). Usade palabras como "primeiro", "despois", "ademais" ou "finalmente" para dar unha orde lóxica á información.
  6. Non repitades ideas. Procurade que cada frase achegue algo novo. Se explicades un concepto, usade palabras diferentes para evitar redundancias, pero sempre mantendo a claridade.
  7. Revisade o texto antes de entregalo. Comprobade a ortografía, a gramática e que as frases teñan sentido. Podedes pedir a alguén que lea a memoria para asegurarse de que se entende ben.
  8. Incluíde exemplos só cando sexan precisos.  Se explicades algo complexo, podedes engadir un exemplo para facelo máis claro. Por exemplo: "O crecemento foi maior na planta exposta a máis horas de luz."
  9. Usade vocabulario científico adaptado. Incluíde termos técnicos cando sexa necesario, pero explicádeos se poden resultar complicados. Aclarar conceptos axuda a que o lector comprenda mellor.

Escribir en ciencias significa ser claro, preciso e organizado. Practicar estas normas fará que as vosa memoria de investigación sexa máis completa e profesional. 

Algúns detalles máis

Escribir o nome das especies

O nome científico das especies sempre se escribe en cursiva e ten dúas palabras: o xénero (que se escribe en maiúscula) e a especie (en minúscula).
Exemplo: Homo sapiens, Quercus robur, Canis lupus; que son un home ou unha muller, un carballo e un lobo.

Uso de símbolos químicos

Os símbolos químicos (H para hidróxeno, O para osíxeno, etc.) deben escribirse exactamente como están definidos, coas letras en maiúscula ou minúscula segundo corresponda. Nunca se traducen nin se modifican. Por exemplo: NaCl (cloruro de sodio), CO₂ (dióxido de carbono).

Unidades de medida

As unidades de medida deben seguir o Sistema Internacional (SI), que tedes estudiando en Física e Química. Por exemplo, metros (m), gramos (g), litros (L).
As abreviaturas nunca levan punto. Exemplo: "5 g", non "5 gr."

Números e cifras

Usade cifras para os valores numéricos (excepto cando a cantidade é moi pequena, como "dous"). Exemplo: "10 cm", "5 plantas". Usade a coma como separador decimal  (ex.: 3,14) e deixa un espazo entre o número e a unidade (ex.: 50 m).

Redacción de ecuacións e fórmulas

As fórmulas químicas ou matemáticas deben estar correctamente escritas e destacadas no texto para facilitar a lectura. Por exemplo: "A fórmula da auga é H₂O." Para iso, o teu procesador de texto ten as opcións de subíndice e superíndice. 

Abreviaturas científicas

Utiliza abreviaturas recoñecidas, como pH, ATP ou ADN, e introdúceas a primeira vez co nome completo. Exemplo: "O ácido desoxirribonucleico (ADN) é fundamental na evolución." As seguintes veces, só a abreviatura. 

Formatos claros para datos e gráficos

Os datos en táboas ou gráficos deben ter títulos descritivos e eixes claramente etiquetados coas unidades correspondentes.

Citas e referencias

Sempre que uses información doutras fontes, inclúe as referencias seguindo un formato científico estándar (por exemplo, APA ou Vancouver).

Relaciona

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

Cando escribimos textos científicos ...

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona cada tarxeta coa súa parella.

\n

Cando escribimos textos científicos ...

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Se%20escribimos%20especies%20de%20animales%20ou%20plantas%20escrib%C3%ADmolos","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"en%20cursiva"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"As%20unidades%20de%20medida%20escrib%C3%ADmolos%20de%20acordo","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"ao%20Sistema%20Internacional%20(SI)"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Usaremos%20unha%20linguaxe","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"obxectiva%20e%20formal"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Evitaremos%20o%20uso","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"da%20primeira%20persoa"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Usaremos%20un%20vocabulario","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"cient%C3%ADfico"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Usaremos%20para%20enlazar%20o%20texto","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"conectores"}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"20241222195947-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)