A.B.C. Redactando o proxecto de investigación

O momento de concretar o traballo

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2. (CC BY-SA)

Despois de traballar cos contidos das unidades anteriores, os desta unidade explícanvos, paso a paso, as diferentes partes do proceso.

Ademais, logo de ver e avaliar un proxecto modelo, estades máis que preparados e preparadas para que, como grupo de investigación, redactedes o voso propio proxecto.

Lembrade que este traballo é responsabilidade de todo o grupo de investigación. Ninguén debe quedar á marxe, xa que a colaboración de todos e todas é esencial para conseguir un resultado de calidade e conxunto. A ciencia, na actualidade, faise en equipo. 

proxecto
Luis Fernández López (CC BY-SA)

Tarefa

    Seguide estas instrucións para completar o proxecto:

    1. Descargade o formulario de proxecto. Atoparédelo abaixo.
    2. Enchede cada apartado sen presas. Consultade os contidos desta unidade e a unidade modelo para asegurar que completades todos os puntos correctamente.
    3. Compartide o documento. Usade a aula virtual ou Google Drive para que todos e todas poidades traballar en conxunto no mesmo documento.
    4. Revisade o proxecto rematado. Empregade a ferramenta de avaliación correspondente (A, B, C) para valorar o traballo.
    5. Enviade a primeira versión ao profesor ou profesora. Facédeo a través do canal indicado (aula virtual, correo electrónico, etc.).
    6. Agardade os comentarios do ou da docente. Estes aparecerán en cadros verdes. Revisade as suxestións e mellorade o proxecto seguindo as indicacións dadas.
    7. Enviade a segunda versión. Repetide o proceso de revisión e mellora tantas veces como sexa necesario ata chegar á versión final.
    8. Se tedes a versión final, o proxecto está listo. Neste punto, podedes dar o proxecto por rematado e comezar a traballar.

    Traballade en equipo e revisade todo con atención para asegurar un resultado de calidade!