A memoria
A memoria de investigación é un documento, redactado polo grupo, onde se recolle todo o traballo realizado do proxecto de investigación. Nela, explícades desde o obxectivo do estudo ata os resultados obtidos e as conclusións finais. Este documento debe incluír os pasos seguidos, os materiais usados e as observacións realizadas.
O principal obxectivo da memoria de investigación é organizar e compartir os coñecementos adquiridos, permitindo que outras persoas comprendan e incluso repitan o traballo. Tamén serve para reflexionar sobre o proceso, identificar melloras e aportar información útil para futuras investigacións. É unha ferramenta clave para comunicar de forma clara e precisa o esforzo e os descubrimentos realizados.
Como veredes, a súa estrutura é bastante similar ao proxecto inicial, coa principal diferenza que, neste momento, non se trata de algo futuro que queredes facer, senón un traballo xa feito e finalizado. Ides poder aproveitar boa parte do texto redactado no proxecto inicial.