A. Verdade ou mentira

Tarefa

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2.. Traballo en grupo (CC BY-SA)

Traballade en grupo (o voso grupo de investigación)

A continuación, tedes unha serie de frases. Analizádeas e revisade se están apoiadas nalgunha evidencia ou, se credes que a afirmación falla por algún motivo. Explicade por que o pensades.

  • "A auga conxélase a 0ºC baixo condicións normais de presión."
  • "As plantas necesitan luz solar para realizar a fotosíntese e producir o seu propio alimento."
  • " As vacinas non son boas porque dan problemas moitas veces". 
  • "A Terra xira sobre o seu propio eixo unha vez cada 24 horas, o que provoca o día e a noite."
  • "O Sol é un planeta moi quente."
  • "Se comemos sementes de sandía, medrará unha planta no noso estómago."

Discutide en grupo cales das frases pensades que son verdadeiras e cales falsas. Explicade o motivo da vosa decisión.