Tarefa

Traballade nos grupos de investigación.
Partimos dun experimento feito en clase de Física.
Para medir como afecta a inclinación dun plano á velocidade dun coche, utilizáronse tres ángulos distintos (15°, 30° e 45°). Medíronse os tempos de descenso e calculouse a velocidade media obtida da repetición da proba en cada situación. Os datos foron os seguintes:
O grupo de investigación, nunha primeira reunión, redactou as conclusións seguintes:
- Canto maior é o ángulo de inclinación, menor é o tempo que tarda o coche en chegar ao final.
- A velocidade media do coche aumenta coa inclinación do plano.
- No ángulo de 15°, o tempo medio é maior que no de 45°, o que indica unha menor velocidade.
- A velocidade media do coche foi a mesma para todos os ángulos.
- No ángulo de 30°, a velocidade media foi de 0,56 m/s.
- O tempo medio de 1,8 segundos corresponde ao ángulo de 15°.
- A velocidade máis alta foi obtida cun ángulo de 45° e foi de 0,71 m/s.
- A velocidade diminúe cando aumenta o ángulo de inclinación.
- O tempo medio no ángulo de 30° foi maior que no ángulo de 15°.
- Os datos amosan que a inclinación afecta directamente a velocidade do obxecto.
Tarefa
1. Individualmente, decide con que conclusións estás de acordo e con cales non, tendo en conta as evidencias (datos da táboa).
2. Xuntádevos no grupo de investigación, e chegade a unha decisión común ao respecto.
3. Cando teñades unha resposta, revisade a retroalimentación.
A ver si temos coincidido.
- Conclusións correctas: 1, 2, 3, 5, 7, 10
- Conclusións incorrectas: 4, 6, 8, 9