A.B. Avaliando proxectos

Tarefa

Ocultar

Imaxe IA creada por Luis Fernández Lopez empregando ChatGPT -4, versión 2. (CC BY-SA)

Imos traballar en grupos de investigación, tal como están xa conformados para o voso proxecto.

Antes de redactar a vosa proposta, imos avaliar un proxecto feito utilizando a mesma ferramenta que empregaredes despois para avaliar o voso propio proxecto. Desta maneira, poderemos identificar, antes de comezar, cales son os criterios necesarios para elaborar un traballo de calidade.

Tarefas:

  1. Descargade aquí o proxecto de investigación modelo. Non é perfecto; poderedes observar aspectos que están ben, aspectos que están moi ben e outros que se poderían mellorar.
  2. Lede individualmente todo o proxecto modelo.
  3. Aplicando a ferramenta que usaredes (A, B) na avaliación do voso traballo, revisade o proxecto modelo. Podedes avanzar e revisar como se aplica no apartado de avaliación desta mesma unidade. 
  4. A partir das avaliacións individuais, acordade unha avaliación conxunta para todo o grupo de investigación en cada apartado que se debe avaliar.