Ortografía: as conxuncións comparativas
As conxuncións comparativas COMO, COMA, CA, QUE e DO QUE úsanse de acordo coas normas seguintes:
| Cando o segundo termo da comparación é un pronome persoal (min, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas) | úsanse as formas COMA ou CA | |
|
túa irmá non é tan larpeira coma ti
os do grupo do lado son máis barulleiros ca nós
|
||
| Cando o segundo termo da comparación é unha oración (chega con que exista un verbo) | úsanse as formas COMO ou DO QUE | |
|
a xente quedou tan contenta como agardabamos
a xente quedou máis contenta do que nós agardabamos
|
||
| En todos os demais casos (cando o segundo termo é un substantivo, un adxectivo, unha frase) | pódense usar as formas COMO ou COMA, CA ou QUE | |
|
é máis dura que o aceiro
é máis dura ca o aceiro
|
||
Debes coñecer
CA e QUE son equivalentes só como conxuncións comparativas
|
as miñas opinións non son menos respectables ca as túas as miñas opinións non son menos respectables que as túas |
| no caso anterior son posibles as dúas solucións porque se trata dun comparativo e o segundo termo non é un pronome persoal nin unha oración |
| pero no seguinte só é posible a conxunción QUE porque non se trata dunha comparativa |
|
pasouno tan mal que non quixo volver outra vez (indica unha consecuencia, non unha comparación) dixonos que non volvería máis (é unha conxunción completiva) |
Contraccións da conxunción CA e o artigo
A conxunción CA seguida dun artigo definido O, A, OS ou AS pode contraer ou non; calquera das dúas formas é correcta. Polo tanto podemos escribir:
| CA + O |
ca o |
este edificio é máis antigo ca o outro |
| có | este edificio é máis antigo có outro | |
| CA + A |
ca a |
está o tempo máis frío ca a semana pasada |
| cá | está o tempo máis frío cá semana pasada |
|
| CA + OS |
ca os |
este festival foi máis espectacular ca os de anos anteriores |
| cós | este festival foi máis espectacular cós de anos anteriores | |
| CA + AS |
ca as |
esta sala é máis luminosa ca as do outro lado |
| cás | esta sala é máis luminosa cás do outro lado |
|
As contraccións da conxunción CA só se poden producir co artigo definido (O, A, OS, AS), nunca co artigo indefinido (UN, UNHA, UNS, UNHAS)
Tampouco non se produce contracción da conxunción CA e a preposición A:
|