Léxico: o corpo humano
Debes coñecer
Presta atención aos nomes dar partes do corpo:
(Imaxe elaborada a partir de http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Human_body_features-es.svg)
En varios casos existen dúas ou máis palabras para designar unha mesma parte do corpo; na maior parte dos casos existe algo de diferenza entre unha e outra; por exemplo:
- "cadril" e "cadeira" son sinónimos, pero a segunda palabra indica cada unha das partes saíntes do corpo debaixo da cintura, mentres que "cadril" é especialmente o óso da cadeira, aínda que tamén se usa para designar toda a zona; é dicir "cadeira" é a parte do corpo, mentres que "cadril" é esa mesma parte do corpo, pero tamén o óso.
- "abdome" e "barriga" indican a mesma parte do corpo, pero a primeira é unha palabra máis técnica e a segunda máis coloquial: falando de anatomía usaremos a palabra "abdome", pero se temos unha dor nesa parte diremos que nos "doe a barriga", non "o abdome".